Este ficheiro explica como construír e instalar o correcto ortográfico.

Instalar Python
===============

https://wiki.python.org/moin/BeginnersGuide/Download

Dependencias
============

* SCons


Construír
=========

Para construír o corrector ortográfico cos módulos predeterminados, execute:

    scons
    
Para construír a edición especial para tradución ao galego, cos acordos terminolóxicos do Proxecto Trasno, execute:

    scons aff=norma,trasno,unidades dic=iso639,iso4217,trasno,unidades,volga
    
Para volver construír o corrector ortográfico despois de cambiar algún ficheiro:

    scons -c && scons

Para obter información detallada sobre como construír un corrector ortográfico personalizado, con vocabulario non normativo e extensións, execute:

    scons -h


Problemas coñecidos
===================

- Pode darse un erro que se debe a que os ficheiros fonte de palabras non todos teñen a mesma codificación

Mensase de erro:
UnicodeDecodeError: 'ascii' codec can't decode byte 0xc3 in position 3: ordinal not in range(128)

+ solución: Engadir estas liñas 

    import sys
    sys.setdefaultencoding("utf-8")
    
no ficheiro «sitecustomize.py» da súa instalación de python. Pode estar en etc/python2.7
